Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




lunes, 7 de mayo de 2012

O TEMPO

Falta unha semana para que regresen os pais de Martín, pero a el os días fánselle eternos.

Hoxe comezaremos a traballar coas unidades de tempo. Repasaremos algunhas que xa coñecemos e aprenderemos outras novas.

Manexaremos a semana, a quincena, o mes, o trimestre, o lustro, década, século e milenio.

Preme na fotografía para afianzar estes conceptos de xeito que queden ben clariños e poidas resolver os problemas que se propoñen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario