Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




viernes, 25 de mayo de 2012

OS SÉCULOS

Esta é a imaxe de Santa Eufemia nun retablo. A ela faise  referencia na lectura de hoxe. O retablo que aparece na cova é do século XVI.

Sabes como se calcula o século ó que pertence un ano? Imos velo dentro dun momento e faremos algunha actividade para que non se nos esqueza.

Ademais, se continuamos lendo, veremos que hai oito anos que Julio estaba seguindo a pista dese retablo. Imos transformar esa cantidade de tempo noutras unidades.

Preme no retablo e... a traballar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario