Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




miércoles, 23 de mayo de 2012

PROBLEMAS CON UNIDADES DE TEMPO

Cando os excursionistas entraron na cova estiveron 95 minutos observando os restos arqueolóxicos. ¿Cántas horas e minutos son?

Imos practicar coas unidades de tempo. Transformarémolas de forma incomplexa a complexa e faremos sumas e restas.

Entra na cova para atopar as actividades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario