"Andivera o día enteiro arredando patacas; doíanme os cadrís. Tiña secura na gorxa e un teimoso proemento nos ollos. Cansancio, sede, anguria de ver que a vida non é igual para todos os rapaces."
Balbino estaba canso de traballar e, unha vez máis, tivo que aguantar as burlas de Manolito. Hoxe comezamos un novo capítulo "A pedra". Nel pararémonos a pensar nas diferenzas que hai entre a vida dos dous nenos. Como se poderían salvar estas diferenzas?
No hay comentarios:
Publicar un comentario