Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




sábado, 19 de mayo de 2012

SUMAR DATOS DE TEMPO

O pai de Martín, Julio e os amigos de Martín van camiñando ata o río. Como o camiño non é doado de recorrer teñen que facelo en dous tramos descansando entre eles. O  primeiro tramo recórreno en  1h 35min 53s, e o segundo en 1h 15min 24s. Canto tempo lles levou percorrer todo o camiño?

Para resolver este problema necesitas saber primeiro como se suman os datos de tempo. Preme na fotografía e averiguarás como se fai.

No hay comentarios:

Publicar un comentario