Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




jueves, 29 de diciembre de 2011

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS "AKÍ KEDEI"



A Biblioteca Escolar "O niño da curuxa" fomentou a partricipación dos alumnos nunha das súas actividades: o concurso de marcapáxinas "Akíkedei".

A propia Biblioteca proporcionou a plantilla e nós elaboramos o debuxo que debía facer referencia ás estacións ou ós meses do ano.

Houbo un premio por ciclo, no noso grupo Darío gañou o do 3º ciclo. A responsable da Biblioteca veu á nosa clase a comunicalo e ademais regalounos a todos os alumnos do mesmo ciclo unha copia do marcapáxinas premiado. Temén nos devolveron os nosos orixinais, e plastificados! para que nos duren máis tempo.

Neste vídeo podedes ver parte do traballo de elaboración dos marcapáxinas de 5º. Se clicas aquí tamén poderás ver os marcapáxinas de todos os alumnos do centro. E se queres ver todos os premiados, preme aquí.

miércoles, 28 de diciembre de 2011

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS DO 1º TRIMESTRE



Aquí tedes unha mostra de moitas actividades que fomos realizando ó longo do 1º trimestre: descripcións das nosas avoas, da castaña como froito estrela do outono, historias da Santa Compaña, a Constitución e o Estatuto de Autonomía e os debuxos do Nadal.

Agardamos que vos gusten.

lunes, 19 de diciembre de 2011

OPERACIÓNS CON DECIMAIS

A avoa Adela va facer a compra e leva un billete de 20 €. Despois de mercar varios artigos de distintos prezos vai pagar... Chegaranlle os cartos para adquirir todo o que tiña pensado?

Axúdalle a Bolboreta a facer a conta.

Se premes na fotografía atoparás máis problemas e algunhas operacións con decimais que xa aprendiches a facer o curso pasado.

REFRANES

"El Sil lleva el agua, y el Miño, la fama".

Es la primera vez que Martín oye este refrán y no está seguro de entenderlo muy bien.

¿Qué crees tú que quiere decir? Vamos a pensar sobre ello. Todos los dichos populares encierran una enseñanza, así que, intentaremos averiguar que nos enseña este refrán.

Además de este, hay muchos otros relacionados con los ríos. ¿Oíste alguna vez eso de que... "Cuando el río suena, agua lleva"?

Sumérgete en el Sil y te llevará a la tarea de hoy.

domingo, 18 de diciembre de 2011

AMÉRICA

Alguén da familia de Balbino abandonou a aldea para emigrar a América. Por que o faría? Le atentamente este capítulo e logo comentaremos aspectos interesantes sobre a emigración.

Preme na fotografía e atoparás un guión co traballo de hoxe.

TRABALLAMOS CON NÚMEROS DECIMAIS

Aproveitando que están en Ourense, Martín e Adela fixeron varias compras.

Se premes na fotografía verás cal foi o importe dos artigos que compraron e poderás ordenalos.

De volta a Ourense terán que coller un desvío. Fíxate nos datos que se dan para averiguar que indicador deberán seguir.

miércoles, 14 de diciembre de 2011

LOCALIZAMOS PRONOMES PERSOAIS

Balbino, a pesar de ser pobre, descubriu que aínda hai xente máis pobre que el e que o pasa peor. É o caso do seu amigo Andrés. O pai de Andrés non é precisamente unha boa persoa que se preocupe da súa familia.

Hoxe imos rematar de ler o capítulo "Os grandes". Logo comentaremos o texto, faremos un ditado e traballaremos cos pronomes persoais.

Preme nesta fotografía, na que te poderás dar conta das preferencias do pai de Andrés.

REPRESENTACIÓN DE DECIMAIS NA RECTA NUMÉRICA

Imos aprender a representar números decimais na recta numérica. Ademais, isto serviranos para saber ordenalos.

Preme nesta recta numérica da fotografía e atoparás un cadro no que se explica como dividir a recta en décimas e centésimas para poder representar os números. Logo poderás practicar con varias actividades.

martes, 13 de diciembre de 2011

LAS BURGAS DE OURENSE

Las Burgas son unas fuentes termales de la época de los romanos que están situadas en la ciudad de Ourense. Hoy Martín y su abuela pasarán por delante de ellas.

Despues de leer el texto que nos corresponde localizaremos pronombres personales, los clasificaremos según su persona y número y finalmente sustituiremos nombres por pronombres.

Adéntrate en esta fuente de las Burgas y busca el trabajo de hoy.

lunes, 12 de diciembre de 2011

LOS PRONOMBRES PERSONALES

"-Estoy restaurando una obra del mismo escultor y he venido aquí para inspirarme -me dijo.

Me entretuve hablando con el restaurador..."

Este es un fragmento de texto que aparece en la lectura de hoy. Fíjate que aparece repetida la palabra me. ¿Sabías que es un pronombre personal?

Clica en la fotografía del restaurador y aprenderás a diferenciar los pronombres personales.

TRABALLAMOS CON NÚMEROS DECIMAIS

Aproveitando que Martín e a súa avoa están en Ourense, foron de compras e mercaron, entre outras cousas este pantalón.

Sabendo que as cifras do seu prezo son 385, poderías colocar unha coma para indicar cal pode ser o seu auténtico prezo?

Se premes na fotografía poderás averiguar que outras compras fixeron e cal pode ser o seu prezo. Ademais poderás practicar coa transformación de números decimais en fraccións decimais e á inversa.

domingo, 11 de diciembre de 2011

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

O día dez de decembro celebramos a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Imos recordar cales son e comparalos con situacións actuais para ver se se cumplen realmente ou non sempre é así.

Preme na fotografía e poderás acceder a unha páxina web con toda a información que precisas.

sábado, 10 de diciembre de 2011

PRONOMES PERSOAIS

"Os grandes son donos de sí e do mundo. Fan e desfán, gobernan, arman ó merlo con guerras, negocios e canta trangallada hai."

Así comeza o quinto capítulo de "Memorias dun neno labrego". Fíxate ben na opinión que ten Balbino dos maiores. Estás ti de acordo con el?

A lectura non nos servirá só para reflexionar, aproveitaremos para repasar os pronomes persoais que aprendemos o curso pasado, e axudándonos do diccionario, buscaremos sinónimos para substituír algunhas palabras.

Preme na fotografía para ver o traballo de hoxe.

LEMOS DECIMAIS

Hoxe imos aprender a ler números decimais. Podemos facelo de dúas maneiras.

Fíxate neste cadro da dereita e faraste unha idea. Ademais, na segunda forma que aparece neste cadro, podes substituír a palabra "con" por "coma".

Non é tan complicado. Preme no recadro e atoparás varios exemplos para practicar.

martes, 6 de diciembre de 2011

SUFIJOS PARA NOMBRES DE OFICIOS

Esta es la catedral de Ourense. Martín la describe como inmensa, oscura y misteriosa. Fíjate en esta capilla, la lectura de hoy tendrá lugar en ella y descubrirás otra leyenda...

Además estudiaremos los sufijos para formar nombres de oficios a partir de otras palabras.

Entra en la catedral... ¡y a trabajar!

domingo, 4 de diciembre de 2011

OS XENERAIS DA ULLA

Fíxate nesta foto antiga. Representa ós xenerais da Ulla. Hoxe segue manténdose esta tradición de entroido en moitos pobos galegos.

No capítulo que estamos lendo, "Loito", aparecen mencionados estes personaxes e outros que forman parte da troula do entroido.

Preme na fotografía e, entre outras cousas, imos ver como está o pobre de Balbino que, por mor do loito, tivo que quedar na casa.

jueves, 1 de diciembre de 2011

DÉCIMAS, CENTÉSIMAS E MILÉSIMAS

A avoa Adela mercoulle a Martín un casco de motorista que lle custou 99,75 euros.

99,75 é un número decimal e tamén pode representarse como fracción decimal.

Preme no casco para repasar algunha cousiña que estudamos o curso pasado e para aprender algún concepto novo.

miércoles, 30 de noviembre de 2011

CONSTITUCIÓN E ESTATUTO DE AUTONOMÍA

Sabías que o 6 de decembro celebraremos o día da Constitución?

Sabes que é a Constitución? E o Estatuto de Autonomía?

Coñeces a bandeira da nosa Comunidade Autónoma? E a do noso país?

Hoxe trataremos estes temas. Preme na fotografía para aprender cuestións relacionadas cos nosos dereitos e deberes, cos elementos que nos identifican...

O EMBALSE DE SAN PEDRO

Martín e a súa avoa van camiño de Ourense e pasan polo embalse de San Pedro, no río Sil. Sabías que se pode pescar no río?

Se premes na fotografía averiguarás máis cousas interesantes sobre este lugar: a súa localización, como se pode chegar e incluso atoparás imaxes fermosísimas do río... Iso sen esquecer que co asunto da pesca imos practicar os números mixtos.

lunes, 28 de noviembre de 2011

EL EXTRAÑO SUEÑO DE MARTÍN

Lee la página 33 de la novela y descubrirás el extraño sueño de Martín. ¿Qué tendrá que ver con este personaje de la fotografía?

Después de leer haremos un dictado. ¡Ojo! Acuérdate como empezamos a escribir un texto y después de punto y aparte.

Finalmente analizaremos las palabras entre comillas, inventaremos un diálogo (para utilizar las rayas) y trabajaremos la comprensión del texto.

Vamos a por el centurión romano y averigüemos lo que está pasando.

NÚMEROS MIXTOS

Martín levara unha cruz de flores brancas no enterro dos seus avós maternos. Con este exemplo (unha cruz formada por varias pezas) vou ensinarte o que é un número mixto.

Se premes nesta fotografía poderás completar un esquema que che servirá para aprender de onde sae un número mixto e como se transforma unha fracción nel.

sábado, 26 de noviembre de 2011

AS NOSAS LIBRETAS



Unha das ferramentas máis importantes no noso traballo é o caderno. Nel facemos esquemas e resumos que nos axudan a memorizar os contidos que imos aprendendo, e aplicamos eses coñecementos a casos prácticos resolvendo distintas cuestións.

Apetéceche velos?

REPASANDO LENGUA

¡Vaya con el abuelo Adolfo! Menudo descubrimiento acaba de hacer Martín. El pobre está un poco trastornado al saber que su abuelo sigue vivo cuando él pensaba que estaba muerto.

Vamos a leer otra página más de la novela y, sobre ella, localizaremos artículos, demostrativos, posesivos, sustantivos, adjetivos, hiatos y diptongos. También repasaremos la acentuación y los signos ortográficos.

Acompaña al abuelo Adolfo. Él te enseñará la tarea de hoy

jueves, 24 de noviembre de 2011

REPASAMOS AS FRACCIÓNS

Na clase de Martín hay 24 alumnos. 2/12 deles practican natación...

Saberías decir cantos alumnos practican este deporte?

Seguro que si, despois de todo o que levamos traballado coas fraccións. Agora é momento de repasar e ver se aínda nos queda algunha dúbida.

Mergúllate con estes rapaces na piscina a ver se eres capaz de atopar as actividades de repaso.

SUBSTANTIVOS COLECTIVOS E INDIVIDUAIS

A tía Carme ten o costume de levar o rabaño ó campo.

Que clase de substantivo é "rabaño", individual ou colectivo?

E o substantivo "molime" ou "mulime", paréceche que é individual ou colectivo?

Segue á tía Carme e ó rabaño para atopar o traballo de hoxe.

miércoles, 23 de noviembre de 2011

AS COMIÑAS

O tío Braulio foi buscar molime ó coto de Guillal e aconteceulle algo inesperado.

Sabes que é o molime?

Poderías clasificar esta palabra dentro dalgunha clase que xa coñezas?

Imos pouco a pouco. Primeiro averiguaremos quen é o tío Braulio e o que lle pasou. Logo aprenderemos a usar as comiñas ("...") e para finalizar, traballaremos coa palabra "molime".

Cres que esta fotografía pode ser unha pista? Preme nela.

FRACCIÓN COMO DIVISIÓN EXACTA

Que sorpresa! Realmente o avó Adolfo será un ladrón de xoias?

Mentras o averiguamos imos utilizar a súa xoiería e ós habitantes de Castrosil para resolver uns problemiñas con fraccións.

Persegue a este ladrón e atopa a tarefa de hoxe.


ESCRIBIMOS UN PREGÓN

Hoy conoceremos a otro personaje de la novela: el abuelo Adolfo. En realidad todo el mundo lo conocía por el mote "Piquito de Oro".

El abuelo Adolfo era un gran poeta y además la gente le pedía que escribiera el pregón de las fiestas del pueblo.

Ahora somos nosotros el abuelo Adolfo y redactaremos el pregón de nuestra fiesta favorita.

Entra en esta fiesta popular y aprenderás algunos conceptos más.

martes, 22 de noviembre de 2011

AUMENTATIVOS Y DIMINUTIVOS

Vamos a acabar de leer el segundo capítulo de la novela para averiguar el final de la historia de Benita la Bruja.

Además, trabajaremos con aumentativos y diminutivos, y aprenderemos a diferenciar las palabras que llevan este tipo de sufijos de las que no lo llevan.

¿Sabías que en la lectura de hoy hay un sustantivo que parece estar en diminutivo y en realidad no lo es? Súbete a la escoba de Benita y llegarás con ella a las actividades.

OS PUNTOS SUSPENSIVOS

"Doeume o corpo todo. Meu pai malloume coa corda. Non chorei, pero sentín tamén coma se me doese unha cousa que non me doe. Que sei eu! Coma se me doese a alma."


Balbino segue triste. O seu pai pegoulle por ir á casa do Xudío. Sen embargo Balbino non o pasou tan mal na casa dese veciño. Imos rematar este capítulo e daremos a nosa opinión sobre a conversa que mantiveron Balbino e o Xudío.

PRACTICAMOS A FRACCIÓN DUNHA CANTIDADE

Benita a Bruxa estivo durante 6 días e 6 noites repetindo unha retahila de palabras que ninguén coñecía: "sacebo", "cabeso"...

1/12 das horas repetiu a palabra "sacebo", 2/12 a palabra "cabeso"...

Ó longo do 6 días, cantas horas repetiu cada palabra?

Preme na fotografía para resolver os problemas de hoxe.

FRACCIÓN DUNHA CANTIDADE

Aquí tes a explicación e un exemplo de como se calcula a fracción dunha cantidade.

Preme no cadro e poderás solucionar algunhas cuestións relacionadas con Martín. Por exemplo: se Martín leva 8 días en Castrosil e 1/4 dese tempo estivo só na casa...Cantos días foron os que permaneceu só?

jueves, 17 de noviembre de 2011

REPASANDO FRACCIÓNS

A Martín tamén lle gusta ler, ademais de escoitar historias de medo. Onte estivo lendo 5/7 da súa novela e hoxe leu 5/6. Que día leu máis?

Se premes na fotografía de Martín poderás atopar este problema e outras cuestións que che axudarán a repasar o que levamos estudado de fraccións.

OS DOUS PUNTOS

Balbino xa está na casa do Xudío e vai manter unha conversa con el na cociña, unha cociña caleada, sen feluxe...

Primeiro imos ler esa conversa que manteñen os dous, logo faremos un ditado e, para rematar analizaremos por que aparecen tantas raias (-) no texto e para que se utilizan os dous puntos (:).

Para casa levaremos unha ficha de recollida de información sobre os cultivos propios de Galicia. Entre todos elaboraremos un calendario de cultivos.

LOS PETOS DE ÁNIMAS

¿Sabes lo que es un peto de ánimas?

En la lectura de hoy aparecerá esta expresión. Vamos a investigar de donde viene su nombre y para que se utilizaban.

Si clicas en la fotografía encontrarás información sobre ellos. Además tendrás la oportunidad de inventar tu propia leyenda tomando como marco la historia del perro que llevaba muchos años acostado al lado de un peto de ánimas.

lunes, 14 de noviembre de 2011

LA SANTA COMPAÑA

Martín y sus amigos disfrutan jugando en el bosque y contando leyendas llenas de misterio. Hoy estuvieron hablando de la Santa Compaña. ¿Has oído algo sobre ella? Vamos a investigar sobre esta procesión tan popular en Galicia. Podemos preguntar en casa si conocen alguna historia sobre ella.

Clica en la fotografía para acceder al trabajo de hoy.

PRACTICAMOS A SUMA E RESTA DE FRACCIÓNS

Martín está xogando cos seus amigos nun bosque de castiñeiros. É verán, tempo de vacacións, de xogos... por iso seguramente non se lle pasan pola cabeza as fraccións...

Pero nós estamos no mes de novembro, no colexio... así que imos ó traballo.

Preme nesta fotografía dos ourizos e atoparás unha serie de actividades para practicar o que levamos aprendido sobre fraccións.

domingo, 13 de noviembre de 2011

A NOSA CULTURA, AS NOSAS TRADICIÓNS

Balbino acudiu coa súa familia a unha procesión. Estase celebrando a festa do patrón, como en calquera outro lugar de Galicia. Seguro que che resultarán familiares algúns dos detalles que imos ler hoxe no capítulo do Xudío, sen embargo necesitarás axuda para comprender outros...

Por exemplo: sabes que é un Indiano? Por que un personaxe leva o nome de Xudío?

Tamén poderás dar a túa opinión sobre a donación de cartos, a que os dedicarías ti?

Todas estas cuestións, e outras máis, atoparalas ó premer nesta procesión.

EL GUIÓN, LA RAYA Y LOS DOS PUNTOS

"Mis amigos me enseñaron el fantástico bosque de castaños que se extendía al final del pueblo..."

En la lectura de hoy trabajaremos sobre varios aspectos: vocabulario, con palabras de la familia de castaña; descripción, buscando características de este fruto; gramática, explicando la utilización del guión y los dos puntos en el texto.

Clica sobre la castaña y... ¡a trabajar!

SUMAR E RESTAR FRACCIÓNS

Fíxate na fotografía. Supón que a avoa de Martín fixo unha tarta. Ela comeu 2/5 da tarta e Martín 1/5. Que fracción da tarta comeron entre os dous?

Observa ben o cálculo e poderás deducir que hai que facer para sumar fraccións que teñen o mesmo denominador. Para restar o sistema é moi parecido.

Preme na fotografía e... imos practicar.

jueves, 10 de noviembre de 2011

FRACCIÓNS EQUIVALENTES

A nai de Roberto é médica e a diario está en contacto con medicamentos. O que ves na fotografía é un pastilleiro onde se gardan as pastillas da semana.

Daste conta de que podemos representar nel algunha fracción? Pois imos aproveitar este exemplo e aprenderemos o que son fraccións equivalentes.

Preme no pastilleiro e... adiante coa tarefa!

martes, 8 de noviembre de 2011

COMPARAMOS FRACCIÓNS

Adela é unha avoa moi especial: conduce unha moto, navega por internet e chatea con persoas de todo o mundo. Das 24 horas que ten o día fai unha distribución moi peculiar.

Preme na fotografía para escribir en forma de fracción as tarefas que fai a avoa nun día e logo aprender a ordenalas.

RESOLVENDO PROBLEMAS

Unha das comidas que preparou a avoa Adela para o seu neto foi un bo prato de filloas. Cando o pai de Martín era pequeno comíaas de 6 en 6.

Sabes que ingredientes se precisan para elaborar as filloas? E en que cantidade?

Imos utilizar estes datos para razonar uns problemas.

Preme no prato de filloas e pon ó teu cerebro a pensar. Poderás facer a tarefa co compañeiro que tes ó teu lado.

domingo, 6 de noviembre de 2011

VISITAMOS UNHA PANADERÍA



O xoves 27 de outubro fomos á panadería de Morpeguite. O traballo dos panadeiros está moi relacionado co tema deste curso: "Os muíños". Nesta visita aprendemos moitas cousas. Botádelle un ollo ó que nos ensinaron.

SECRETOS



Balbino escribía nun caderno todo o que sentía, sen embargo non quería ensinarllo a ninguén por medo a que o tomaran por tolo. Nós tamén poderiamos escribir un diario para deixar constancia dos nosos secretos. Istes son algúns deles.

PRESENTÁMONOS



Cando comezamos a ler a novela de "Memorias dun neno labrego" comprobamos que o primeiro que facía Balbino era presentarse. Nós fixemos o mesmo. Aquí tedes unha mostra dos nosos traballos.

martes, 1 de noviembre de 2011

TRABALLANDO DE PANADEIROS

A ver se somos capaces agora de contar como é o traballo dun panadeiro e como se fai o seu produto estrela: o pan.

Non vaiades pensar que a elaboración do pan é de hai catro días... O pan xa existía na prehistoria, pero se facía cunha técnica moi primitiva, sinxela e artesanal. Logo foi evolucionando ata hoxe.

Imos continuar organizando a nosa información para logo ensinarvos o que aprendemos.

AS FRACCIÓNS

O día que Martín e os seus pais chegaron a Castrosil, a avoa Adela fíxolles caldo, empanada e filloas.

Sabes que fracción de fabas, patacas, verdura, carne e auga leva o caldo? Queres averiguar en cantas partes cortaron a empanada e cantos trozos comeu cada un?

Estas cuestións e outras sobre fraccións poderás atopalas dentro desta empanada galega.

LA RECETA DEL CROISSANT

El jueves pasado fuimos a la panadería de Morpeguite. El panadero nos recibió a la entrada de su negocio y, con mucha paciencia, nos explicó muchos aspectos relacionados con su trabajo: medidas de higiene, máquinas, ingredientes, recetas... hasta nos contó la historia del pan y nos dejó hacer croissants.

Todos estuvimos muy atentos y tomamos nota de lo que nos iba comentando. Ahora, con toda la información que tenemos, vamos a contar como se elaboran los croissants y por qué tienen esa forma de media luna.

Clicando en la fotografía verás unas pautas para organizar el trabajo.

jueves, 27 de octubre de 2011

MÁIS DE MÚLTIPLOS E DIVISORES

A paisaxe que contemplaba Martín parecía sacada dun conto de fadas. As pólas das árbores abrazábanse debuxando un arco...

Martín deuse conta que a cantidade de pólas entrelazadas era un número divisor de 15...

...Queres averiguar cal é?

Entra neste bosque encantado e fíxate nas pistas para chegar ó resultado.

miércoles, 26 de octubre de 2011

CALCULA...

A Martín chamoulle a atención ver vacas camiñando pola estrada, sen embargo é algo moi habitual en Castrosil, xa que se trata dunha aldea agrícola e gandeira.

Sabes cantas vacas forman o rabaño que vai pola estrada? E cantos litros de leite dan a diario entre todas?

Estas e outras cuestións atoparalas se premes na fotografía.

LLEGANDO A CASTROSIL

Martín queda impresionado con el paisaje que ve al llegar a la Ribeira Sacra. Según él, parecía sacado de un cuento de hadas.

Vamos a leer un fragmento más de la novela y nos fijaremos en la descripción que hace de la carretera y de los árboles que iban apareciendo ante sus ojos.

¿Serás capaz de explicar tú como es el paisaje que ves antes de llegar a tu casa?

Inténtalo y para ello debes entrar en este bosque de la Ribeira Sacra.

domingo, 23 de octubre de 2011

PREPARAMOS A VISITA A UNHA PANADERÍA

Esta semana visitaremos unha panadería. Sabemos a que imos? Que nos van ensinar? De que nos vai servir o que imos ver?

Reflexionaremos entre todos e prepararemos esta visita para sacarlle o máximo proveito.

Preme na fotografía e atoparás unhas pautas que che axudarán a planificar o teu traballo.

LA COMA Y EL PUNTO Y COMA

"Otros días, en cambio, si hablaba." Esta es una de las frases que aparece en la lectura de hoy. ¿Te has fijado que lleva dos comas? ¿Por qué se utilizan ahí? ¿Se pueden utilizar en otras circunstancias?

Hoy aprenderemos a usar la coma y el punto y coma. Primero buscaremos casos prácticos en la lectura y, más adelante, usaremos estos signos en textos que elaboraremos nosotros mismos.

Clica en este punto y coma de la imagen y encontrarás un esquema para copiar y estudiar.

MÚLTIPLOS E DIVISORES

Fíxate na fotografía. Estou escribindo múltiplos do 50. Queres aprender algo máis sobre múltiplos? E sobre divisores?

Non é tan complicado. Preme nesta imaxe e verás como eres capaz de resolver algún problemiña no que sexa preciso calcular múltiplos ou divisores.

jueves, 20 de octubre de 2011

O SOÑO DE BALBINO

Balbino deitouse na cama e quedou durmindo. Debía estar moi canso despois de botar todo o día fóra da casa. Daste conta de que non comeu nada?

Mentras durmía tivo un soño moi estrano...

Le atentamente ata rematar o segundo capítulo. Hoxe falaremos sobre o soño de Balbino e os teus soños... Lembras algún de hai pouco tempo? Cóntanolo por escrito e logo lerémolos para compartilos. Non esquezas utilizar o punto e seguido, o punto e aparte e o punto final.

Preme na fotografía e copia a tarefa.